Monday 13 de May de 2024

O Concello de Muxía tratará mañá en sesión plenaria nove puntos de gran relevancia para a vida do municipio


A sesión comezará mañá ás 10:00 horas no Consistorio, de xeito presencial e gardando as distancias de seguridade.

O Concello de Muxía debaterá mañá en sesión plenaria nove puntos de gran relevancia para a vida do municipio. A sesión comezará mañá ás 10:00 horas no Consistorio, de xeito presencial e gardando as distancias de seguridade. Ao comezo da sesión gardarase un minuto de silencio a petición de
todos os grupos.
No Pleno da corporación muxiá debateranse ata nove puntos, a desglosar en:
1. Aprobación acta da sesión anterior.
2. Dar conta do decreto de aprobación de liquidación do orzamento 2019.
3. Proposta ao Pleno de aprobación da modificación orzamentaria 2020/10.
Crédito extraordinario e suplemento de crédito.
4. Proposta ao Pleno para a derogación de ordenanzas fiscais de ocupación
con cadeiras, mesas e postos do mercado.
5. Proposta ao Pleno para aprobación de recoñecemento extraxudicial de
créditos 2/2020.
6. Proposta plenaria Plan Adicional 1 e 2 de 2020.
7. Adhesión á Asociación de Concellos do Camiño de Santiago.
8. Acordo de adhesión á iniciativa europea do pacto dos alcaldes para o
clima e a enerxía.
9. Aprobación do convenio definitivo da estrada do faro de Touriñán.